Asamblea ordinaria de Afiprodel decembro 2012

O 21 de decembro de 2011 no Concello de Carnota celebrouse a Asamblea ordinaria de Afiprodel. Nesta asemblea renovouse a metade dos cargos da entidade e no 2013 renovarase a outra metade, ademais aprobouse as contas do 2011 e o plan de traballo para o 2012.

A nova xunta directiva está composta por:

Presidenta:         Lola Pena (Carnota)
Vicepresidente: Osvaldo Santos (Fisterra)
Secretario:          Evaristo Suarez (Vimianzo)
Vicesecretaria:   Silvana Facal(Cabana)
Tesoureira:         Isabel Agra (Zas)
Vogal:                  Maria Jimenez (Camariñas)
Vogal:                  Rosa Sanchez (Vimianzo)
Vogal:                  Jose Ramon Esperante(Mazaricos)

Para o ano 2012 a entidade ten previsto entre outras actividades, desenvolver un plan de visibilizacion e valoracion dos servizos de desenvolvemento local e os seus profesionales que será elaborado pola Comisión da Profesión coordinada por Ignacio Fernandes (San Sadurniño), presentar á Consellería de Traballo e Benestar e outras administracións un proxecto de mellora na efectividade e coordinación de servizos para o emprendemento no territorio e uns foros de desenvolvemento que promovan e incentiven os territorios intelixentes e competitivos na nosa comunidade. No mes de xaneiro de 2012 iniciaranse estas actividades cunha xuntanza de traballo e intercambio na Casa de Trillo onde estarán como invitados os profesores Ruben Lois e Ricardo Mira, os profesionais de desenvolvemento Rosa Fernandez de Adterra, un experto en cooperacion internacional da ONG ligada a Inditex e o profesor e experto Felipe Senen.

Deja un comentario