General

ARTELLANDO OS TERRITORIOS: DESENVOLVEMENTO PARTICIPATIVO

Desde AFIPRODEL tratamos de poñer en marcha un conxunto de actividades destinadas a que os territorios da provincia da Coruña funcionen intelixentemente para convertirse en caldos de cultivo onde florezan a actividade económica, as empresas e o emprego.

Dentro da convocatoria  de subvencións da Deputación da Coruña dirixido a entidades para actividades de promoción económica (2014) Afiprodel presentou o proxecto «ARTELLANDO OS TERRITORIOS: DESENVOLVEMENTO PARTICIPATIVO». Cun orzamento de 12.000 euros o proxecto contempla as seguintes accións:

– Foros de posta en común e debate sobre os seguintes temas: Innovación dos territorios a través das súas singularidades O valor do rural Planificación estratéxica Profesionais do desenvolvemento local e impacto nos territorios Feira de ideas de desenvolvemento local Artesanía alimentarias, fontes de emprego.
– Accións de promoción do emprego e das boas prácticas entre a mocidade da provincia da Coruña. Entre estas accións poden citarse a presentación do desenvolvemento local nos centros escolares, píldoras formativas para grupos detectados nas oficinas de orientación e nas bolsas de emprego, intercambios de experiencias na UE, etc.
– Campaña «O noso sabe mellor «. Actividade de dinamización e concienciación escolar que ten por obxectivo poñer en valor os recursos dos territorios entre a poboación en combinación co uso das TICS. Proponse un concurso de “curtas co móbil”.