Apoio aos autónomos e emprendedores por parte da Consellería de Traballo

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, subliñou o apoio da Xunta aos emprendedores e autónomos e lembrou que os orzamentos autonómicos para 2012 conlevan un incremento dun millón de euros nas liñas dirixidas a este colectivo, ata chegar aos 28 millóns. A titular de Traballo apuntou que desde o Goberno galego apóstase firmemente polas fórmulas de apoio ao emprendemento que se tratan de orientar ás necesidades concretas de cada perfil de emprendedor, empresario ou empresaria. Ver noticia completa

Deja un comentario