Actividades

Afiprodel únese á campaña de defensa dos servizos de desenvolvemento local promovida pola federación española de profesionais do desenvolvemento local (Feprodel)

Dende AFIPRODEL e FEPRODEL seguimos con atención as noticias que afectan ás partidas orzamentarias destinada a financiar as políticas activas de emprego e ao programa de Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local. Ante esta inquietante situación a federación española e as asociación de profesionais de desenvolvemento local de toda España estamos a actuar con diferentes accións encamiñadas a defender a profesión e imos a seguir facendoo a tódolos niveis.

FEPRODEL realizou un documento de apoio aos servizos de desenvolvemento local e un comunicado coas actuacións realizadas e as que están previstas desenvolverse. Actuacións que Afiprodel secunda e apoia. Unha das accións é o envío ao Secretaría de Estado de cartas de apoio de alcaldías, entidades e profesionais (ver enlace) nos modelos que xuntamos (modelo 1modelo 2)

Dende AFIPRODEL estamos a realizar diferentes actuacións e a máis urxente é a recollida de sinaturas de alcaldes e alcaldesas (ver modelo carta alcalde/sa) de apoio que serán remitidas por Afiprodel á Consellería de Traballo e Benestar, así como os apoios de entidades, asociacións e profesionais da comunidade galega (ver modelo de carta entidade)

(Descargar todos os modelos nun archivo comprimido)

Proximamente seguiremos informando sobre a evolución destas campañas e outras actuacións que se plantexen.
Para calquera aclaración ou suxestión podedes contactar con Afiprodel no enderezo electrónico afiprodel.org@gmail.com