Afiprodel presenta a “Declaración de apoio aos servizos de emprego e desenvolvemento local de Galicia”

A mesa de presentación desta declaración contou coa participación da presidenta e vicepresidente de Afiprodel ademais dos alcaldes de Fisterra, Corcubión e Vimianzo, o presidente do GDR Costa da Morte e tamén alcalde de Zas e o presidente da federación de empresarios da Costa da Morte (FECOM)

O luns 18 de xuño, no salón de Plenos do concello de Fisterra (A Coruña) presentouse a «Declaración de apoio aos servizos de emprego e desenvolvemento local de Galicia»,  un breve resumo da labor realizada por estes servizos na Costa da Morte e os resultados da campaña de recollida de apoios que ven realizando Afiprodel ata finais do mes de xuño.DSC02540

Esta campaña iniciouse cunha primeira fase de recollida de sinaturas entre os concellos de Galicia e continuará ata finais de mes engadindose as sinaturas de entidades da comunidade galega. Ata o momento 70 concellos galegos refrendaron o documento de apoio aos servizos de emprego e desenvolvemento (ver mapa): un 35% dos concellos que contan coa liña de subvención da Xunta de Galicia para cofinanciar os custes salariais destes profesionais.

Dos 94 concellos da provincia da Coruña, o 38% xa enviaron as súas sinaturas por correo electrónico e postal a asociación Afirprodel, destacando a Costa da Morte onde a totalidade dos seus alcaldes e alcaldesas apoiaron a continuidade e necesidade destes servizos.  Unanimidade que integra representantes políticos das localidades con independencia do seu color político e que estiveron representados na mesa de presentación en Fisterra.

Afiprodel remitirá ao remate da campaña tódalas sinaturas recibidas á Consellería de Traballo e Benestar para mostrar a necesidade de continuidade e cofinanciamento destes servizos locais nestes momentos de crise onde, como expresaron alcades e representantes de entidades, necesitase máis que nunca de servizos para a creación de emprego, empresas e desenvolvemento. A necesidade das administración locais, as máis cercanas á cidadanía, e a difícil situación financeira destas administración require nestes momentos do mantemento de cofinanciamento destes servizos e da busca e consenso para acadar un sistema de financiación axeitada que garante o futuro dos mesmos.

Enlaces a notas de prensa:  La voz de galicia, El correo gallegoQue pasa na costa

Deja un comentario