Afiprodel organiza unha visita ao Parlamento Europeo de Estrasburgo

A Asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolvemento Local (Afiprodel) realizará
unha visita ao Parlamento Europeo en Estrasburgo invitados pola eurodiputada do Carmen
Fraga do grupo do Partido Popular.  A viaxe realizarase do 21 ao 25 de novembro e ademais
da visita institucional á sé do parlamento, as 25 persoas da asociación que participan nesta
actividade realizaran un recorrido por unha das zonas de maior importancia natural e turística
de Alemaña: a Selva Negra. A zona visitada caracterizase pola súa riqueza medioambiental e
arquitectónica contando con bosques, lagos, termas e zona vitivinícola, especial importancia
ten a cidade de Friburgo de Brisgovia considerada a capital da ecoloxía de Alemaña.

Esta actividade reunirá a socios e socias de Afiprodel da Costa da Morte e da comarca
de Ferrolterra e ten como obxectivo achegarse ás institucións europeas e coñecer
territorios con recursos naturais e mediambientais e a súa posta en valor para o turismo,
así como intercambiar experiencias e buscar liñas de colaboración e traballo no eido de
desenvolvemento local na Unión Europea.

Afiprodel celebrará durante a súa visita unha xuntanza interna de traballo na que ultimarase a
organización do Congreso MODELO (Marco de Oportunidades para o Desenvolvemento Local)
que coorganizada pola Universidade de Coruña, ten previsto realizarse o 25 e 26 de marzo
e o 1 e 2 de abril de 2011 nos concellos de Vimianzo e Corcubión
.

Nos sitios da asociación www.afiprodel.org e http://congreso.afiprodel.org ofrecese máis información sobre este evento que contará co cofinanciamento da Deputación da Coruña. A presentación oficial deste
Congreso está prevista realizarse no mes de Novembro no concello de Carnota, sé oficial da
entidade.

Deja un comentario