Afiprodel no II Foro Nacional de Axentes de Desenvolvemento Local

O concello de San Pedro del Pinatar (Murcia), acolleu,a 2ª edición do Foro Nacional de Axentes de Desenvolvemento Local. Baixo o lema “Retos para o axente de desenvolvemento local no século XXI”, o evento contou con a expertos e profesionais de todo o país para debater sobre os retos actuais e futuros do desenvolvemento local.

Afiprodel acudiu a este evento representada polas socias Dolores Pena Pena e Rosa María Sánchez Martínez. Afiprodel tamén forma parte de Feprodel, a Federación Nacional de Profesionais do Desenvolvemento Local, o que reforza a súa relevancia no foro e permite relacionarse con outras entidades do país, como Aprodel, a asociación Castela-A Mancha, coa que colaboran.

Principais retos do Foro: Economía Circular, Despoboamento e Transformación Dixital

O foro é abordou temas como a economía circular, a transformación dixital ou o despoboamento rural. Destacouse a importancia de buscar solucións innovadoras e sostibles para dinamizar o rural, un problema que afecta a numerosas localidades de todo o país.

Afiprodel participou nunha mesa redonda centrada na «Fixación de talento no rural», un tema esencial para o futuro das comunidades máis pequenas que se enfrontan á perda de poboación e á falta de oportunidades laborais.

O II Foro Nacional de Axentes de Desenvolvemento Local foi unha oportunidade para os técnicos de desenvolvemento de todo o país. Nun contexto onde o desenvolvemento do rural e a loita contra o despoboamento son cuestións prioritarias, estes encontros permiten xerar sinerxías e buscar solucións innovadoras que se poidan aplicar en cada territorio.

Ademais de reforzar redes entre asociacións, como a futura colaboración entre Afiprodel e Aprodel en Castela-A Mancha, estes eventos permiten a profesionais visibilizar os avances e retos no ámbito do desenvolvemento local en Galicia e máis aló. A medida que se avanza na estabilización laboral e na consolidación das redes de coñecemento, o papel dos axentes de desenvolvemento local reafírmase como fundamental para afrontar os retos do século XXI nas comunidades rurais.

Este tipo de foros non só xeran novas ideas, senón tamén conexións humanas que reforzan o compromiso destes profesionais co progreso e o benestar das súas localidade

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2024/09/27/afiprodel-foro-nacional-agentes-desarrollo-economia-circular-murcia/0003_202409C27C2994.htm

https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzodolores-pena-rosa-sanchez-comparten-experiencia-costeira-i-foro-nacional-axentes-desenvolvemento-local/20240927095959157776.html

https://www.lanzadigital.com/provincia/ciudad-real/aprodel-castilla-la-mancha-ofrece-las-claves-para-fijar-el-talento-en-el-foro-nacional-de-aedls/