Afiprodel no Foro Mundial de Agencias de desarrollo local

A asociación Finisterrae de profesionais do desenvolvemento Local (Afiprodel) estará presente no FORO MUNDIAL DE AGENCIAS DE DESARROLLO LOCAL que se celebrarase en Sevilla mañá día 5 de setembro organizado polo Servicio Andaluz de Empleo da Junta de Andalucía (SAE), o Fondo Andaluz de Municipios para la Solidaridad Internacional (FAMSI) e a Iniciativa ART do Programa das Naciones Unidas para el Desarrollo (PNUD).

O evento será un espazo de reflexión para avanzar na construcción de novas miradas, ao través do traballo en rede e estratexias que apuntan ao desenvolvemento humano, solidario e sostible. Conta coa colaboración do Concello de Sevilla e a Diputación Provincial de Sevilla, baixo a coordinación del FAMSI. Afiprodel participará coas socias e axentes de desenvolvemento local dos Concellos de Camariñas, Aranga e Vimianzo que desenvolverán traballos de divulgación dos servizos municipais de desenvolvemento e participaran activamente nos obradoiros deste foro. Afiprodel é a única asociación galega de profesionis do desenvolvemento e foi unha iniciativa liderada polas axencias de desenvolvemento da Costa da Morte. Mais información www.foromundialadel.org.

Neste mes de outubro Afiprodel tamén participará na mesa sobre Axencias de Desenvolvemento Local en España no Congreso organizado polas entidades Aprodel e Feprodel que celebrarase en Madrid. Enlace www.feprodel.org

Deja un comentario