BENVIDA

Benvido/a á Asociación Afiprodel.
O noso desexo é servir de plataforma para a defensa e mellora da nosa profesión e para o intercambio e apoio entre os e as profesionais que desenvolvemos o noso traballo neste ámbito tan amplo e cambiante e que nos exixe continuas actualizacións de coñecementos e habilidades e unha inmensa capacidade para adaptarnos aos cambios e empregar novas ferramentas e recursos.

Estes retos só poden enfrontarse se colaboramos e participamos todos e todas e formamos unha rede dinámica de colaboración e apoio mutuo. Tamén pensamos que estes esforzos requiren de accións e propostas lúdicas e de entretenemento que esperamos organizar e ofertar coa túa colaboración.

Moitas son as gañas de facer cousas e as nosas necesidades profesionais e sabemos que é pouca a dispoñibilidade que cada un de nos temos, polo que necesitamos de todas as colaboracións posibles na medida que cada quén poida. Polo que te animamos a participar nesta difícil empresa para que esta iniciativa non pase a formar parte dun histórico, xa moi coñecido na nosa profesión, de intentos fallidos.

Xuntamos a esta benvida unha pequena enquisa anónima que ten como obxectivo coñecer o perfil, necesidades e posible participación dos nosos asociados e nosas asociadas. Podes acceder á descarga desta enquisa no apartado de UTILIDADES. Agradeceríamos que nos reenviases estes documentos cubertos por correo electrónico.

Se tes calquera dúbida prégamoste te poñas en contacto con nós. Podes facelo usando un pequeno formulario de contacto na páxina de CONTACTAR

Sin máis, agrademos o teu apoio e esperamos as túas suxestións e participación.
Un saúdo.
Dolores Pena Pena
Presidenta de Afiprodel

A PROFESIÓN

As áreas de traballo que constitúen o día a día do traballo dos profesionais do desenvolvemento local son moi variadas.

1. Investigación socioeconómica e análise do territorio:

  • Análises diagnóstica, determinación de xacementos de emprego, recursos infrautilizados e susceptibles de desenvolvemento, captación de inversión para o territorio
  • Avaliación diagnostica de sectores
  • Análise e avaliación do servizo de desenvolvemento.

2. Elaboración de plans, informes e estudos

  • Elaboración de Plans de desenvolvemento territorial e sectorial.
  • Dinamización de axentes socioeconómicos e implicación en proxectos conxuntos.
  • Elaboración de estudios puntuais.

3. Medidas activas de emprego

  • Liñas de axudas e subvencións: difusión, información e tramitación.
  • Contratación: Apoio e asesoramento ao tecido empresarial sobre necesidades de contratación, recursos e incentivos. Deseño, tramitación e seguimento de programas de fomento da contratación: Labora, Cooperación…
  • Colocación: análises e diagnósticos do desemprego e elaboración de plans de mellora da empregabilidade.

4. Formación, orientación e inserción

  • Formación ocupacional
  • Plan AFD
  • Obradoiros de emprego
  • Cursos profesionalizantes
  • Formación para unha mellor cualificación
  • Cursos de saúde laboral
  • Cursos para activos e reciclaxe de persoas desempregadas
  • Coordinación do/co Servizo Galego de Colocación
  • Introducción de demandas
  • Introducción de ofertas
  • Intermediación Laboral
  • Coordinación Servicio de Orientación ( Orientación para o emprego )
  • Animación sociolaboral

5. Promoción económica

  • Creación e apoio de empresas
    • Asistencia a empresas: información, desenvolvemento de proxectos, formación, financiamento, subvencións.
    • Fomento da creación de empresas a través de: identificación de recursos ociosos, Emprendedores potenciais, Acompañamento de novos emprendedores, Asistencia a realización de plans de empresa, Apoio para a consolidación, etc.
  • Accións de promoción do territorio
    • Articulación do territorio e planificación estratéxica
    • Promocións de accións e actividades xeradoras de emprego.
    • Apoio e asesoramento en accións municipais xeradoras de emprego: Polígonos industriais, viveiros de empresas, iniciativas locais de emprego
    • Busca de novos xacementos de emprego
    • Dinamización empresarial.
    • Desenvolvemento sostible.

6. Iniciativas e Programas Comunitarios