A DIRECIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL REUNESE COA ASOCIACION DE PROFESIONAIS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL DE GALICIA (AFIPRODEL)

O xoves 21 de xaneiro de 2016 a Direción Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia convou á Asociación Finisterrae de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia (Afiprodel) para tratar temas de interese para a rede de axentes de emprego e desenvolvemento local de Galicia.

Nesta xuntanza participaron Alfonso Marnotes González, Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral, Covadonga Toca Carús, Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria; Dolores Pena, presidenta, Rosa Sánchez, secretaria e Maria Jiménez vogal da Xunta Directiva da asociación Afiprodel-Galicia.

Tratarónse entre outros temas a situación, potencialidades e necesidades da rede de axentes de emprego e desenvolvemento de Galicia así como os obxectivos e papel que desempeñará esta rede na estratexia de desenvolvemento e promoción económica da Consellería.

 

Afiprodel salienta desta proveitosa xuntanza os acordos sobre:

–          O recoñecemento, da Consellería, do traballo e do papel dinamizador dos territorios da rede.

–          A necesidade de coordinación e intercambio entre a rede e a Consellería.

–          O interese por ámbalas dúas partes de potenciar e aproveitar as sinerxías entre as diferentes áreas de intervención da Consellería e as funcións realizadas por estes profesioais.

A Consellería anunció a realización nas próximas semanas de xuntanzas provinciais con tódala rede de axentes de emprego e desenvolvemento local  (adls) co obxectivo de trasladar as novidades e actuacións prevista pola dirección xeral e para abrir un canle de comunicación e intercambio cos profesionais de desenvolvemento local de Galicia.

Afiprodel trasladou as inquedanzas da rede de aedls sobre a convocatoria de subvencións que cofinancia os postos nos concellos e entidades destes profesionais, a modificación da plataforma de seguimento e avaliación do traballo da rede (Xatemprego), a necesidade de contar cunha coordinación estable da rede na Consellería, proporcionar un itinerario formativo para os profesionais tanto de recepción como de continuidade, actualización e especialización e de dotar de ferramentas e espazos cooperación e intercambio entre profesionais para impulsar a innovación, a planificación estratéxica e os proxectos interterritoriais.

A xuntanza caracterizouse pola boa receptividade por ámabalas partes e a sintonía sobre obxectivos e potencialidades da rede de axentes de emprego e desenvolvemento local cara a acadar  territorios competitivos e proclives á xeración de actividade económica e creación de emprego no ámbito do local.