A Consellería de Economía, Emprego e Industria inicia as xuntanzas coa rede de profesionais de desenvolvemento local de Galicia

Tal e como avanzou a Consellería na xuntanza coa asociacion de profesionais de Galicia (Afiprodel) hoxe 3 de febreiro inicianse os contactos da Consellería coa rede de axentes de emprego e desenvolvemento local de Galicia.

Estas reunións teñen por finalidade establecer un cauce de dialogo permanente entre o novo equipo da Consellería e os axentes de emprego e desenvolvemento local co fin de identificar as posibles actuacións  e identificar sinerxías entre as diferentes áreas de intervención da Consellería. O calendario previsto é:

  • Mércores 3 de febreiro  de 12.30 a 13.30 Pontevedra, Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra

  • Martes 9 de febreiro de 10 a 11:30 Vigo. (pendente de confirmar local)

  • Venres 12 de febreiro de 11:30 a 13 Santiago, Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Santiago

  • Luns 15 de febreiro de 11 a 12:30 Ourense, Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense

  • Mércores 17 de febreiro de 9.30 a 11 Lugo, Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo